Comentarios
Gústalle a Pousa pintar ó aire libre, especialmente as terras do Baixo Miño, que tanto ama e que producen nel un efecto fascinante. Parte sempre dunha primeira sensación, dun rexistro sensorial, que despois elabora minuciosamente.
Campos e enclaves boscosos ordénanse na paisaxe delimitada no horizonte polas formas suaves das montañas, nunha composición axustada que mantén o efecto de profundidade da vista. No primeiro termo destaca un anaco de vexetación con marróns, azuis, verdes e marelos, de pinceladas curtas, ateigadas de materia, que deixan patente o vigor do xesto con esa intimidade coa natureza tan propia da arte de Pousa.