Comentarios
É autor Quessada por estas datas de obras que entran en distintos rexistros nos que se reflicte o seu proceso de maduración e a súa personalidade. Organiza o cadro, aquí, con elementos propios dun bodegón que se converte nun xogo de formas, botellas, libros, froitas, vasos e pan diante dunha ventá cunha serie de cortinas superpostas en planos distintos cara ó fondo diluído cunha luz abrancazada. Experimenta coas imaxes cun entramado de linguaxes cos que tece a súa obra.