Comentarios
A presencia da paisaxe aberta, da paisaxe natural está superada polos valores plásticos dunha imaxe íntegra da paisaxe cunha poética que permite concilia-la visión dun fragmento coa unitiva e harmónica de algo que forma o universo. O azul, o verde, o marelo, o rosa e o branco son como notas musicais nun espacio no que máis cá realidade visible dunha paisaxe concreta, o pintor representa realidades pictóricas: a árbore, o matorral, o regato, que son no cadro auténtica pintura.