Comentarios
Pequenas matogueiras arbustivas interrompen o terreo chan que se estende en primeiro término; ó fondo aparecen unha grande masa de árbores e unha estreita franxa de ceo. Con firme e rápida execución, anima o campo con detalles miúdos, que ferven sobre o terreo, configurando herbas e areíñas, cun rexistro de puntos, raias e vérgulas, obtendo excelentes resultados.
Exposiciones
"Virxilio", Exposición Antolóxica, do 11 de decembro de 1990 ó 9 de xaneiro de 1991, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo.