Cajas
- INV:
- 115
- Año de creación:
- 1976
- Dimensiones:
- 163 x 130 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
Unha serie de elementos xeométricos amoréanse superpostos seguindo un eixo vertical. Algunhas formas semellan caixas de embalar que rompen e se desarman, movidas por un sopro anímico que establece un xogo conceptual, no que se combinan recordos de Duchamp con procedementos propios de Lucio Fontana. A franxa vertical vermella da dereita contrapuntéase coa branca transversal en harmonía con negros, grises, lilas e espacios libres de pintura que deixan ve-la urdidura da tea.Bibliografía
Ánxel Huete «Autoanálisis de los procesos creativos en la experimentación plástica», obra inédita.Exposiciones
«Artistas Gallegos en la Colección C.A.M.V. (II)», do 8 de abril ó 7 de maio de 1987 na Sala de Exposicións do Centro Cultural.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.