Comentarios
Parcelas de cor, cheas de espacio, organizan a tea cunha síntese xeométrica. A disposición das formas parece alabear la superficie, que se activa con xestos pictóricos envolventes e zonas sen pintar que rompen o espacio deixando á vista o gran da tea. Non hai referencias externas, só formas e cor e unha forza interna que busca a serenidade no azul, a cor do espacio por excelencia, que dá título á serie á que pertence a obra.
Bibliografía
Ánxel Huete «Autoanálisis de los procesos creativos en la experimentación plástica», obra inédita.