Sin título
- INV:
- 113
- Año de creación:
- 1972
- Dimensiones:
- 132 x 164 x 0
- Técnica:
- Acrílico/tea
Comentarios
A obra pertence á serie «Ensayos sobre la violencia», realizada polo artista ao regreso da súa estancia en Berlín cando xa morrera seu pai.Divide a superficie en compartimentos de cores planas deixando algunhas zonas sen pintar. E, poñendo en xogo medios puramente imaxinarios, fainos ver o que ningún anecdotismo pode expresar, captando, a través da interrelación de forzas provocadas pola cor, esencias e sentimentos, que retén unha imaxe dinámica, de figuración humana, cun xesto de patética.