• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

1492/Oriente 11

FERNANDO CASÁS

1492/Oriente 11
INV:
1094
Año de creación:
1991
Dimensiones:
150 x 0 x 0
Técnica:
Mixta/poliester

Comentarios

Sobre un fondo negro destacan, en cor clara, tres formas cadradas de distinto tamaño. O formato circular somérxenos nun profundo burato ou nun cosmos de perfís curvilíneos que cortan as figuras provocando a sensación dun universo infinito que se move cun lento movemento. A obra pertence a unha serie de traballos que realizou ao seu regreso a España en 1989. O título enfatiza unha data e inevitablemente trasládanos a un acontecemento que transformou o mundo. E, sen querelo, asociámos os cadrados, signos abstractos por excelencia, coas tres embarcacións que atravesaron o Atlántico e con iso fixeron algo máis ca iso. O artista, filósofo, poeta, conferenciante e crítico, obríganos a pensar en misterios e mensaxes apocalípticas levándonos ao inconsciente máis profundo. Este xogo entre círculo e cadrado é común denominador de moitas das súas obras. É o ceo e maila terra no antigo simbolismo chinés, «é o mundo racional e mais o dos sentidos, o do home e a muller, de Mondrian e de Arp», como di Seuphor.

Bibliografía

«Fernando Casás, Ocos», Xunta de Galicia, reproducido na páxina 44.

Exposiciones

«Ocos», marzo de 1992, na Casa da Parra, Santiago.

"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.

 

Reproducciones

"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 3, páxina 123.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78