• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Galicia

ARTURO SOUTO

Galicia
INV:
1089
Año de creación:
1962
Dimensiones:
50 x 678 x 0
Técnica:
Pastel/papel

Comentarios

Capta o ambiente dunha aldea galega nunha escena ordenada con casas, figuras, unha vaca e un hórreo. O fondo da composición péchase cunha pantalla de árbores que a penas deixan ve-lo ceo. O pastel esténdese sobre o grao do papel, producindo un efecto fragmentado que multiplica o xogo de luces e sombras, sen compromete-la armazón compositiva do cadro nin perde-los valores das formas, subliñadas cun debuxo sintético. O resultado é unha escena fresca á vez que sólida e construída, dominada por un acorde de tons marróns, verdes e negros que conviven coa sensación óptica das luces que producen os espacios brancos do papel.

Bibliografía

F. Pablos "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 51.

Exposiciones

"Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.

"Antológica Arturo Souto". Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, A Coruña.  Xaneiro-Febreiro 1998. Museo de Pontevedra, Pontevedra.Febreiro- Marzo 1998.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78