• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

PURI DEL PALACIO

Del Palacio Sola , Purificación

( 1944 )

Biografía

Descendente dunha familia de intelectuais e artistas, entre os que está o poeta Manuel del Palacio, viviu na súa nenez o interese pola arte. A súa facilidade para o debuxo invitouna a pintar desde moi nova. Profesionalmente dedicada á decoración, tarefa na que realizou obras moi estimables, fixo exposicións en diversas cidades de España, entre elas Madrid e Vigo. Pury del Palacio é unha artista neorromántica con figuras, interiores e bodegóns que amosan un empaste sobre un debuxo firme, moi estilizado. Posúe unha elegancia natural nun mundo de nostalxia, deliberadamente decorativo, con fortes contrastes cromáticos, que van do verde ó vermello e do marelo ó azul. É moderna canto ó concepto, sen necesidade de recorrer a invencións abstractivas. En definitiva, é unha pintora grata, preocupada pola calidade formal da súa obra, mais sen caer nunca en fríos academicismos.

Bibliografía

-Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981.

Obra

  • Giovannas en negro

    Giovannas en negro 1996

  • Silla y sombrero

    Silla y sombrero 1982

  • Nenúfares

    Nenúfares 1990

  • Serie bañistas

    Serie bañistas 2001

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78