• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Zapping. Actividades para escolares. Lugo

Artes Escénicas, danza y música
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Zapping. Actividades para escolares. Lugo
  • ONDE:

    AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE LUGO

    Parque da Milagrosa. Lugo (Lugo)

  • Datas:

    Venres 19 de xaneiro de 2018

    Prazo de reservas ata o 1 de outubro de 2017

  • Horario:

    Funcións ás 10.00 e 12.00 h

    Duración: 60 min

  • Entrada

    De pago

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo acolle o 19 de xaneiro Zapping, de Blue Mango Theatre, dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Teatro de actor en inglés dirixido a escolares de 5º e 6º de primaria.

Actividade destinada exclusivamente á comunidade escolar. 

 

Unha divertida comedia musical para reflexionarmos sobre a amizade, o respecto e as consecuencias derivadas das decisións que tomamos na vida. Cambiariamos algo se puidésemos dar marcha atrás? Seguro que si.

Oxalá Eli tivese escoitado o seu pai. Quizais tería aprobado o seu exame de ciencias sobre o sistema solar. E se a relación coa súa irmá fose mellor, tería podido gañar o concurso de talentos. E se…

 

Como reservar:

• Prazo de reservas ata o 1 de outubro de 2017

• Solicitude a través do formulario de peticións da web escolares.afundacion.org

• Solicitude dun máximo de 150 escolares por centro e actividade (agás A Coruña e Ferrol, cun máximo de 100).

• Achega de 2 €, agás Cinema Submarino e Programa de Educación Financeira de ABANCA, gratuítos. Ingresar no número de conta: 2080 5000 61 3040323643 ES 91. Ao efectuar o pagamento, cómpre indicar o código de ingreso que se comunicará ao confirmar a actividade. Prazo de unha semana antes do comezo da actividade para efectuar o pagamento.

• Comunicación por correo-e das actividades asignadas, que deberán ser confirmadas polo propio centro a través da web.

• Guías didácticas dispoñibles na web.

Infórmate polo miúdo no 986 120 089 e 986 120 078 ou en escolares.afundacion.org

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089