Un ano máis acollemos na nosa programación educativa a compañía Fetén Fetén con nova obra, El mágico planeta de los instrumentos insólitos.
Música
Fetén Fetén
Castelán / 60 min
3º e 4º Educación Primaria
O obxectivo principal deste divertido concerto didáctico, da man de Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais, é que a rapazada emprenda unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española. Transmitíndolles valores sobre a reutilización, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións, usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música coma o violín trompeta, a serra musical, a á de voitre, o theremin ou a frauta cadeira de camping.
NORMAS PARA INSCRIBIRSE
• A solicitude farase a través do formulario de peticións na web: www.escolares.afundacion.org
• Prazo de reservas ata o 30 de setembro.
• Solicitarase praza para un máximo de 150 escolares por centro e actividade (100 para
A Coruña e Ferrol por cuestión de capacidade dos edificios.)
• Prezo: 2 € / escolar. [Cinema Submarino e Educación Financeira son actividades
GRATUÍTAS]. O importe total ingresarase no número de conta ES 91 2080 5000 61
3040323643, indicando o código de ingreso, que comunicaremos previamente desde
Afundación canda a asignación de actividades. O prazo límite para o pagamento é de
1 semana antes de comezar a actividade.
• Desde Afundación enviarase correo-e ao centro para informar da asignación de actividades.
Así mesmo, cada centro deberá confirmar esta asignación a través da web.
• Hai guías didácticas dispoñibles para consultar e descargar na web.
Para máis información, 986 120 089 e 986 120 078 ou en www.escolares.afundacion.org