• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Contacontos en inglés STORYTELLING: The Perfect Pet, en Santiago de Compostela

Artes Escénicas, danza y música
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Contacontos en inglés STORYTELLING: The Perfect Pet, en Santiago de Compostela
  • Datas:

    13 MAI 2025

  • Horario:

    18.00 h

  • Entrada

    Gratuita
  • Modalidade:

    Presencial

Kid&Us e Afundación convidámoste a vivires unha experiencia máxica na Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela o martes 13 de maio con "Storytelling: The Perfect Pet", un contacontos interactivo en inglés deseñado para nenos e nenas de 4 a 7 anos.

Nesta divertida sesión, os máis pequenos mergullaranse nun mundo de imaxinación mentres descobren a historia de Emma, unha nena que soña con atopar a mascota perfecta. A través de narracións dinámicas, cancións e xogos participativos, os nenos reforzarán a súa comprensión do inglés nun ambiente lúdico e estimulante.

 

Por que non o podes perder?
✔ Aprendizaxe natural do inglés: Os nenos e nenas absorben o idioma de forma espontánea mediante historias entretidas.
✔ Interacción e diversión: Actividades deseñadas para fomentar a participación e a creatividade.
✔ Ambiente acolledor: Sesións dirixidas por persoal especializado en ensino infantil.

 

Ven coa rapazada fomentar o amor polos idiomas con metodoloxías divertidas que fan do inglés unha experiencia inspiradora.

 

Aproveita para visitares a axenda web e decatáreste de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte doutras actividades escénicas.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089