• Español
  • Acceso centros
Área educativa
  • Proxectos
  • Axenda
  • ico-projects Oferta educativa
  • ico-calendar Axenda
  • Educación s.XXI
Inicio Pintafontes Axenda
Axenda
Busca por... ico-plus

Proxecto

ico-plus

Cidade

ico-plus

Obradoiros infantís de Nadal. Vigo

Artes Plásticas
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
{evento-titulo_ga}
  • ONDE:

    Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    26, 27 de decembro, 2 e 3 de xaneiro 2019

  • Horario:

    11.30 a 13.00 h

  • Entrada

    De pago
Mercar

A Sede Afundación de Vigo, dentro do proxecto SONORO EMPEÑO, trae este Nadal unha serie de entretidos obradoiros musicais para nenas e nenos de 5 a 10 anos. A particularidade destas actividades é que están directamente relacionadas con obras de arte da mostra «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» [Vigo | 10 OUT. a 4 XAN.], deste xeito, música e pintura danse a man para transmitir á xente miúda as diferentes expresións da arte e introducila en nocións elementais de ambas as disciplinas. Coñecerán unha exposición de arte como nunca antes a viviran!

 

26, 27 DEC., 2 e 3 XAN. | 11.30 a 13.00 h | Sede Afundación Vigo

 

Inscricións en Ataquilla.com

Prezo: 3 €/ sesión

5 a 10 anos | Necesario asistir con mandil

 

OBRADOIROS

Xoves, 26 decembro | Os fíos prodixiosos da música.
Centrarémonos na audición e visionado de obras relacionadas cos instrumentos de corda. Coñeceremos curiosos instrumentos que endexamais imaxinariamos seren de corda e, no taller, fabricaremos unha caixa de son con corda tensada para poder facer soar uns acordes. 

Traballo de sala

  • Mandolina de Luis Caruncho
  • Violonchelo de Luis Caruncho
  • El bajista de Francisco Leiro

Nada máis chegar á sala topamos cunhas pugas para tocar... quen deixaría iso alí ciscado? Unha nota de Pintafontes cóntanos que son as pugas dalgún instrumento da sala, mais... de cal? Iremos escoitando como soan as obras ata decatármonos de que a ningún dos instrumentos da sala lle falta nada para fregar as cordas, as audicións amosarannos que todos soan de marabilla. Estará a resposta no taller?

 
Venres, 27 decembro | Bater con sentido tamén é música.
O segundo obradoiro da nosa ruta é o máis ruidoso. Bater, petar con sentido será o obxectivo destes obradoiros onde os instrumentos protagonistas serán os de percusión. Audicións, pintura e creatividade para construír un auténtico tambor con que poder gozar.

Traballo de sala

  • Swing unlimited de Virxilio
  • Retrato de Ramón Caamaño ou Brisas do Ulla de Carlos Bóveda
  • Foliada de Roberto González
  • Cencerrada de Laxeiro

Nada máis chegar á sala encontramos unhas baquetas... quen deixaría iso alí tirado? Unha nota de Pintafontes dinos que son as baquetas dalgún instrumento da sala, mais... de cal? Iremos escoitando como soan as obras ata decatármonos de que a ningún dos instrumentos da sala lle faltan as baquetas ou as mazas, as audicións amosarannos que todos soan moi ben. Estará a resposta no taller?

 

Xoves, 2 xaneiro | O vento que asubía.
Audicións e instrumentos de vento, frautas, trompetas e trombóns. Obras de arte e sons nun taller onde a arte e a destreza nos axudarán a construír unha frauta máxica.

Traballo de sala

  • Rapaz con Ovellas de José Luis López
  • O progreso de Castelao
  • Danzarina egipcia de Modesto Brocos

O fío condutor será unha boca... quen deixaría iso alí ciscado? Unha nota de Pintafontes cóntanos que é algo imprescindible para tocar os instrumentos de vento, mais quen a perdería? Iremos escoitando como soan as obras ata decatármonos de que a ningún dos instrumententistas lle falta a boca, as audicións amosarannos que todos tocan estupendamente ben. Estará a resposta no obradoiro?

 
Venres, 3 xaneiro | Pentagramas máxicos.
A última viaxe dos nosos sábados musicais está dedicado ás orquestras, aos dúos, os conxuntos e aos grupos musicais. Obras de arte que inspiren o noso último taller onde realizaremos un traballo plástico de conxunto: música e arte para os máis pequenos da casa.

Traballo de sala

  • El éxtasis del descanso – La danza de Carlos Maño
  • La fiesta de Eva Carrera
  • Weisslich de Kandinsky
  • Arpegios de Rafael Úbeda

Nada máis chegar á sala atopamos, dispersas, unha morea de notas musicais. Flotaban na sala xusto antes de que entrásemos, mais, ao oírnos, as obras de arte asustáronse e deixaron de tocar. En silencio escoitaremos como soan, ata decatármonos de que a música é un conxunto de notas que unidas forman melodías, as audicións axudarannos. E no obradoiro construiremos un pentagrama do máis especial en homenaxe ás notas e ás melodías, baseado no cadro Wesslich de W. Kandinsky.

 

Máis información no 986 129 032 ou en areaeducativavigo@afundacion.org

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2019 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089

pintafontes