• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Programa EMPRESA FAMILIAR NAS AULAS

Economía y educación financiera
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Programa EMPRESA FAMILIAR NAS AULAS
  • Entrada

    Gratuita

Xunto coa Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF), poñemos en marcha a primeira edición do Programa «Empresa Familiar nas aulas», unha iniciativa que ten como finalidade fomentar o emprendemento entre a mocidade a través do seu contacto directo co mundo empresarial.

 
Diferentes centros escolares de Galicia de  3º e 4º ESOe FP poderán gozar de encontros en liña con empresas familiares das catro provincias galegas, enfocando as temáticas ao ámbito empresarial como reforzo ao programa curricular do alumnado.

 As persoas responsables das compañías participantes trasladarán a súa experiencia como empresa familiar a máis de 400 estudantes a través dunha serie de charlas por videoconferencia. A súa traxectoria familiar e empresarial, os valores dos seus proxectos e a súa importancia, que representa o 92,4 % do tecido empresarial de Galicia e achega o 85 % do VAB empresarial e o 83,3 % do emprego privado da comunidade.

A segunda parte do programa propón ao estudantado coñecer virtualmente estas empresas, podendo coñecer o seu funcionamento, organización e outras características da súa actividade.

O programa pon ao dispor dos centros educativos unha GUÍA DIDÁCTICA elaborada por un equipo de especialistas, que contén unha serie de orientacións e recursos didácticos relacionados coa empresa familiar e o emprendemento.

 

Información polo miúdo na páxina elfrutodelosvalores.com 

 

Asociación Galega da Empresa Familiar
Fundada no ano 2000, a Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) é a principal asociación de empresas con raíces, sede social e vocación de permanencia en Galicia. A súa función é fortalecer e dar continuidade ás empresas de orixe familiar galego.

A asociación está integrada polas 59 principais compañías galegas, que facturan 9.300 millóns de euros e dan emprego directo a 49 000 persoas.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089