Reúne pezas de papel realizadas mediante a técnica do origami para pór de manifesto a relación entre as matemáticas e a papiroflexia. Na realización destas pezas, de valor case escultórico, non se usaron pegamento nin tesoiras, tan só o pregado do papel.
COMISARIO | JORGE PARDO
Descubre que é o padrón de cicatrices e a súa importancia á hora de deseñar novos modelos, como o origami modular constrúe corpos xeométricos, ensamblando figuras de papel idénticas, ou como nas teselacións un mesmo motivo se repite numerosas veces, cubrindo un plano a través de centos de pregos. A exposición tamén repasa as achegas de algúns nomes propios relevantes no campo da papiroflexia coma o da pregadora galega Covadonga Blanco, papiroflecta, gran matemática, docente e divulgadora.
En colaboración con Escuela Museo Origami de Zaragoza (EMOZ).
ESCOLARES. Visita virtual e material didáctico para escolares dispoñible a partir do 1 de Outubro na nosa web.
A historia dos números que se transformaban en figuras. Visita conto con obradoiro. Educación Infantil a 3º de Primaria
Para que serven as mates. Visita taller. 4º de primaria a 2º de ESO
Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia. Visita taller. 3º e 4º de ESO, bacharelato e CF
Se o que vos interesa e unha visita presencial con didácticas adaptadas para todas ás idades escolares ou unha visita para grupos de adultos, contacta con nós en areaeducativa@afundacion.org | 982 289 096
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID
-Asistencia obrigada con máscara
-Control da capacidade
-Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público
-Xel hidroalcólico en múltiples puntos dos edificios e salas
-Desinfección rigorosa de espazos
-Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren de contacto físico
-Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade