En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, traemos a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima e coa participación de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do ser humano: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.
VISITA GUIADA INAUGURAL | 15 FEB | 19.00 h
Prazas limitadas!
Inscríbete AQUÍ para asistires.
Estruturada en oito bloques, a exposición incide na importancia do coidado e do respecto cara ao medio ambiente como única vía para unha vida sostible. A partir do documental que a plataforma audiovisual Netflix produciu para a televisión, e que bateu todos os records de audiencia da plataforma, Afundación e Planeta, editora do catálogo, presentamos esta exposición.
«Mundos de xeo», «Auga doce», «Praderías», «Desertos», «Bosques», «Selvas», «Litorais» e «Alta mar» son as oito divisións nas que se ilustra a biodiversidade do noso planeta, acompañadas por textos que contextualizan cada ecosistema en clave divulgativa a través de aspectos biolóxicos, ecolóxicos, de sustentabilidade ou curiosidades da natureza.
Esta proposta consiste en presentar esta exposición como unha actividade experiencial: ás espectaculares imaxes do planeta súmase un chan interactivo que ofrece ao visitante a posibilidade de cruzar o fondo do mar en plena sala de exposicións, unha curtametraxe de animación chamada LEMON producida pola Fundación Reina Sofía, unha mesa de luz que lanza preguntas e respostas sobre a sustentabilidade, un audiovisual chamado “Que podo facer eu” co que o visitante poderá coñecer as pequenas accións que na nosa vida diaria podemos achegar á sustentabilidade dos ecosistemas, e moitas máis sorpresas que irán acompañando o visitante desde o comezo ata o final do percorrido pola sala.
«Esta é a exposición máis importante que verás este ano, calquera ano, porque contén o problema máis importante ao que se enfronta a humanidade». David Atthenborough na publicación O noso planeta.
ACTIVIDADES EDUCATIVAS
INFANTIL A 3º PRIMARIA | VISITA OBRADOIRO | «Patas peludas, peludas patas»
4º PRIMARIA A 2º ESO | VISITA OBRADOIRO | «A sangue frío... »
3º, 4º ESO, BACHARELATO E CF | VISITA OBRADOIRO | «O noso planeta»
1 €/ ESCOLAR
Información e reservas no 986 333 210 ou en areaeducativapontevedra@afundacion.org
CATÁLOGO:
NUESTRO PLANETA de Alastair Fothergill e Keith Scholey | MERCAR
Esta exposición enmárcase na iniciativa CULTURA POR ALIMENTOS que levamos a cabo en colaboración con FESBAL e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora, achegando a túa doazón de alimentos non perecedoiros cando veñas ver a exposición.
AQUÍ máis información.
Actividade Xacobeo 21-22
MEDIDAS COVID #CulturaSegura
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que goces da cultura como o fixeches sempre.
- Asistencia obrigatoria con máscara
- Control de capacidade
- Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público
- Xel hidroalcohólico en múltiples puntos dos edificios e saídas
- Desinfección rigorosa de espazos
- Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren contacto físico
- Supervisión na sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade
O noso planeta
Exposición Nuestro Planeta Vigo
Pantallas de proxeccións. O noso planeta