• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Exposición INDÓMITAS. Historias que abren camiños, en Santiago de Compostela

Artes Plásticas y visuales
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Exposición INDÓMITAS. Historias que abren camiños, en Santiago de Compostela
  • ONDE:

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    14 DEC A 26 MAR 2022

  • Horario:

    LUNS A SÁBADOS 17.00 a 20.30 h

    DOMINGOS E FESTIVOS, pechado

  • Entrada

    Gratuita

Nova mostra na Casa Grande do Pozo en Compostela (Sede Afundación na rúa do Vilar) para coñecer o traballo de doce mulleres novas e afoutas, abrindo camiños nada doados a partir das súas diferentes apostas profesionais. Podes visitar INDÓMITAS ata o 26 de marzo de 2022.

 

Comisaria | SILVIA OVIAÑO

 

O proxecto, enmarcado no ODS número 5 de igualdade de xénero, reflexiona sobre o momento decisivo actual no ámbito da equidade entre xéneros, presentando estas mulleres que foron pioneiras de diferentes xeitos nos seus ámbitos e que son modelo tanto no momento presente como para as vindeiras xeracións.

Esta mostra audiovisual artéllase en torno a cinco indómitas do ámbito español, e sete do galego con historias moi diferentes tras de si: Paula Mouzo, percebeira de Camariñas; Laura Lorenzo, viticultora na Ribeira Sacra; Luisa Méndez, escaladora; Lula Goce, artista urbana e muralista; Tanxugueiras, grupo musical integrado por Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Aida Tarrío; Nuria Bravo, pilota de helicópteros; Rocío Antela, mineira e enxeñeira de minas; Teresa Bedman, exiptóloga; Almudena Bernabeu, avogada especializada en dereitos humanos; e Alicia Sornosa, primeira española que deu a volta ao mundo en moto en solitario.

Todas elas representan modelos inspiradores en profesións e ámbitos tradicionalmente non conquistadas por mulleres. Grazas a estes exemplos, enriquécense os referentes de cara a construír unha sociedade máis xusta, tolerante e equitativa. O traballo fotográfico e audiovisual asínano os recoñecidos autores Ofelia de Pablo e Javier Zurita, quen viaxaron por máis de 70 países documentando temas de dereitos humanos e ambientais. En 2011 fundaron Hakawatifilm, unha produtora dedicada a contar historias que espertan conciencias e avogan por un cambio positivo. A compañía está á vangarda da linguaxe multimedia, xerando traballos que foron amplamente recoñecidos no mercado internacional e publicando para varios dos mellores medios do mundo: The Guardian, The New York Times, Der Spiegel, National Geographic ou TIME, entre outros. Foron xurado de importantes concursos internacionais e imparten charlas e obradoiros como Canon Pro Master. «Indómitas» é o primeiro proxecto que levan a cabo en España.

O comisariado e textos de «Indómitas» corresponden a Silvia Oviaño. Con grande experiencia no ámbito da fotografía, Oviaño destaca como comisaria de exposicións e xestora cultural con proxectos creativos e de marcado ton comprometido. É fundadora de Caravan Proyectos de Cultura e do Festival Mar de Mares. Entre outras, comisariou exposicións como «Terras de salitre. Cristina Mittermeier», que itinerou polas sedes de Afundación.

 

ACTIVIDADES EDUCATIVAS

INFANTIL A 3º PRIMARIA | VISITA CREATIVA | «Dime espelliño máxico quen é a moza máis intelixente e capaz...»
4º PRIMARIA A 2º ESO | VISITA CREATIVA| «Contos para reescribir»
BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS, ETC. | VISITA COMENTADA | «Indómitas»

Información e reservas no 981 552 577 ou en [email protected]

1 €/ ESCOLAR

 

Esta exposición enmárcase na iniciativa CULTURA POR ALIMENTOS que levamos a cabo en colaboración con FESBAL e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora, achegando a túa doazón de alimentos non perecedoiros cando veñas ver a exposición.

AQUÍ máis información.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2022 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    [email protected]
    986 120 089