• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Exposición «Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección Afundación». A Coruña.

Artes Plásticas y visuales
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Exposición «Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección Afundación». A Coruña.
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    Ata o 19 de setembro 2020

  • Horario:

    Luns a sábados en horario de 17.30 a 21.00 h

  • Entrada

    Gratuita
Solicitar visita
A Sede Afundación A Coruña acolle a exposición «Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección Afundación», cunha selección de 34 obras de artistas non galegos, como Soledad Sevilla, Chema Alvargonzález, Susy Gómez, Daniel Canogar, Broto, Mersad Berber ou Baltazar Torres, incorporadas á Colección Afundación pola súa sensibilidade, a súa beleza e a potencia da súa linguaxe.

 

Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e a cultura como o fixeches sempre.
Vennos ver, mais antes, consulta os horarios e planifica a túa visita.
 

Unha exposición heteroxénea en nomes e estilos, cuxas obras teñen en común pertencer todas ao panorama actual da arte por estaren cronoloxicamente enmarcadas entre os últimos anos do século XX e os primeiros do XXI. Artistas españois de fóra de Galicia e portugueses forman o groso da exposición, na que tamén están presentes creadores doutras nacionalidades, como é o caso do bosníaco Mersad Berber.

 

As visitas comentadas e as actividades escolares están fóra de servizo temporalmente seguindo as recomendacións sanitarias e comunitarias por mor do Coronavirus (COVID-19).

 

Módulo Interactivo (adaptado a pautas sanitarias)                                     

Na montaxe da exposición, tres obras de «Fóra de foco», analizadas con intelixencia artificial, convertéronse nun algoritmo neuronal que reinterpreta o teu retrato co estilo que elixas.

Comparte o teu retrato en Instagram co hashtag #FóradefocoAfundación e entrarás no sorteo de dúas entradas para un espectáculo á venda en Ataquilla.com. BASES aquí.

 

VISITA VIRTUAL Á MOSTRA. PICA AQUÍ

 

MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID

-Asistencia obrigada con máscara

-Control da capacidade
-Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público
-Xel hidroalcólico en múltiples puntos dos edificios e salas
-Desinfección rigorosa de espazos 
-Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren de contacto físico
-Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade

 

 

 

Fóra de foco. A Coruña
Fóra de foco. A Coruña
Fóra de foco. A Coruña
Fóra de foco. A Coruña
Fóra de foco. A Coruña
Fóra de foco. A Coruña
Fóra de foco. A Coruña
Fóra de foco. A Coruña
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089