• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Teatro para escolares: Unboxing Alice

Artes Escénicas, danza y música
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Teatro para escolares: Unboxing Alice
  • ONDE:

    Sede Afundación Ferrol

    Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña)

Estas actividades son só para escolares.

 

CALENDARIO

Ferrol 9 e 10 XAN. | A Coruña 13 e 14 XAN. | Compostela 15 XAN. | Lugo 16 XAN. | Burela 17 XAN. | Ourense 20 e 21 XAN. | Pontevedra 22 a 24 XAN. | Vigo 27 a 31 XAN. | O Barco de Valdeorras 3 FEB.

 

Teatro de actor
OnStage Company
Inglés | 65 minutos
5º e 6º de Educación Primaria

 
Xa pasou moito tempo desde que Alicia visitou Wonderland por última vez. Chegou o momento de actualizarse! Tweedle Dee e Twee Dum soben ao carro dos youtubers
e serán os encargados de nos guiar por unha viaxe esmendrellante para desvelarnos a verdadeira natureza de Alice! Todo un «unboxing video»! Esta obra de teatro articúlase a partir da participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

 

ARTES ESCÉNICAS para escolares

A programación educativa de Afundación busca establecer valores na aprendizaxe, favorecendo o pleno desenvolvemento na transición cara á
idade adulta. Concretamente, esta obra trata o respecto á natureza, afondando na importancia de reducir, reutilizar e reciclar; a convivencia ou a necesidade da interacción entre as persoas e o medio ambiente.

Descubrir toda a maxia do teatro, a emoción dun concerto ou a beleza da danza son só algunhas das sorpresas que se agochan entre os pregos dun pano que Afundación Obra Social ABANCA levanta para os públicos máis novos. As artes escénicas son unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación do alumnado, posibilitar o diálogo e a reflexión, desenvolver habilidades sociais e xerar coñecemento. Ademais, complementan a súa formación académica, aprendendo normas de convivencia concretas en espazos comúns e compartindo con outras nenas e nenos experiencias novas e diferentes ás que se realizan na aula. Valores coma a tolerancia, a amizade, a xenerosidade, a perseveranza ou o esforzo transmítense dun modo próximo e natural neste tipo de contextos. O obxectivo é que as máis novas e novos se divirtan e aprendan compartindo.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089