Comentarios
Tintas vermellas e negras invaden o papel sen ningún tipo de referencia exterior. A cor convértese en escena, obxecto e suxeito sen esquece-la carga poética que nos induce a unha lectura subliminal. É a expresión do invisible. As manchas sensibilizan o papel, habitándoo cun fluído espacial que se espalla con paixón e dramatismo, trascendendo a obra de espírito e misterio que o espectador ha de interpretar.