Comentarios
Arredor da posta en liberdade dun personaxe agrúpanse figuras, con formas esquemáticas, construídas con masas de cores de perfís imprecisos, entre luces e sombras que impregnan a escena dunha atmosfera sutil e misteriosa, que transmite a tensión do momento. Entoacións avermelladas, verdes, ocres e negras, orquéstranse harmoniosamente cunha materia leve, obtendo excelentes texturas.
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición
"Entre a tradición e a modernidade"
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V.", do 5 ó 28 de setembro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la colección Caixavigo" itinerante Museo do Pobo Galego, Santiago, Kiosko Alfonso, A Coruña, e Museo Municipal de Ourense, en novembro e decembro de 1988, e xaneiro e febreiro de 1989; "Arte Galega na colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, en Santiago. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.
Reproducciones
"Arte Galega na colección Caixavigo S.XX", Catálogo da Exposición, co nº 13. "Entre a tradición e a modernidade" catálogo da exposición co nº 40.