• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Casa en verde

MOLDES

Casa en verde
INV:
957
Año de creación:
1993
Dimensiones:
70 x 50 x 0
Técnica:
Mixta/papel

Comentarios

Inspírase nunha casa real situada en Poio e fai dela catro versións, ambientándoas coas luces das catro estacións do ano.
Dúas das obras, Primavera e Otoño, forman parte da colección. Nunha, luminosos marelos impregnan de luz a atmosfera de paz e acougo que domina a composición. Na outra, negros e verdes móvense ó compás da estructura do edificio que, coma se o abanease un forte vento, se desequilibra e perde a súa estabilidade, creando un ambiente de inquedanza no cadro.
Unha trama lineal delimita os planos da casa, modulada con pinceladas que realzan o seu volume sobre o fondo, ó que o pintor lle dá un tratamento diferente. Cunha linguaxe de filiación cubista simultanea distintas partes do edificio, combinando os planos de tal xeito que a arquitectura semella executar unha danza na que as fiestras, as escaleiras e mailas portas se volven os rasgos dunha cara, que, a súa vez, se transforma nunha casa que troca de apariencia coa luz. Na configuración da obra atopamos certas semellanzas con "La casa de la esquina", de Ludwig Meidner.

M.L.I.J.

Bibliografía

Miguel Fernández-Cid "A casa de Poio" no catálogo "10 críticos, 10 artistas", páx. 56

Exposiciones

"10 críticos, 10 artistas, As imaxes e as palabras", outubro-novembro de 1993, Estación Marítima, Vigo.

"Manuel Moldes". Centro Galego de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela. Do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2003.

"Manuel Moldes. Tempos de pintura". Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 29 de novembro ao 10 de xaneiro de 2006.

Reproducciones

"10 críticos, 10 artistas", Catálogo da exposición, páx.57.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78