Sombras
- INV:
- 942
- Año de creación:
- 1994
- Dimensiones:
- 202 x 202 x 0
- Técnica:
- Acrílico/tea
Comentarios
Franxas verticais e horizontais crúzanse sobre o plano cubrindo a tea cunha retícula cadrada negra que deixa ver un fondo homoxéneo alaranxado no que se apoia a vista. Focos marelos destacan na parte superior e ráfagas de luz branca cruzan en horizontal a tea buscando profundidade. Sobre esta superposición de planos destaca a sombra dun violín que evoca a súa imaxe, encadeando pensamentos, cheos de esencialidade e poesía, que non exclúen certa carga decorativa no sentido matissiano do termo.Exposiciones
"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.