• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

BOLAS DE BILLAR (Serie Trabajos Inútiles)

DIEGO SANTOMÉ

BOLAS DE BILLAR (Serie Trabajos Inútiles)
INV:
9299
Año de creación:
2007
Dimensiones:
0 x 0 x 0
Técnica:
cerámica

Comentarios

Esta obra do artista Diego Santomé, estrela da edición de ARCO 2007, foi seleccionada polos medios especializados como unha das pezas imprescindibles da edición. Pertencente á serie "Traballos inútiles", esta obra, de monumental tamaño, resulta sorpresiva e inquietante, xa que rompe coas regras da proporción e transporta o espectador a un mundo fóra de escala.

Resulta rechamante a técnica utilizada, cerámica, perfecta, malia o tamaño, e absurda, xa que anula a súa función orixinal. A peza foi realizada na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo, onde as súas ideas foron tomando forma coa axuda técnica do profesor do taller de cerámica e artista, Miguel Vázquez.

O autor da peza comenta: "Traballos inútiles é unha serie de esculturas en porcelana ou louza que reproducen obxectos da miña vida cotiá que, reconstruídos en porcelana, perden a súa función inicial. A súa única aspiración é converterse en algo belo que só sirva para a súa contemplación".

Exposiciones

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende xuño de 2007 - febreiro 2008.

Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no  Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.

.

Reproducciones

Catálogo da exposición "De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova", páxs. 64-65.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78