• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Molido

FRANCISCO LEIRO

Molido
INV:
9293
Año de creación:
1999
Dimensiones:
203 x 208 x 64
Técnica:
Madeira policromada

Comentarios

Esta obra de Leiro foi realizada durante a guerra dos Balcáns, unha recreación do dramatismo que alí se respiraba en clave galega. Os protagonistas da peza fan referencia ao tema da piedade, unha nai leva sobre a súa cabeza o seu fillo morto, carréxao sobre un mulido (almofada que se pon sobre a cabeza para amortecer o peso da carga), tal e como o fan as mulleres do rural en Galicia.

Estas figuras realizadas en madeira móstrannos a súa peculiar visión tráxica e, á vez, irónica da vida. A través dos golpes da gubia aparece unha forte linguaxe expresiva de formas sinxelas e elementais, á vez que rotundas e enérxicas, reforzadas por un material en estado bruto. Leiro resalta a parte orgánica da madeira e recréase nos seus nós e vetas.

A policromía desempeña un papel expresivo fundamental, xa que serve para definir as distintas partes da obra: unha figura masculina pintada de branco, matizada con tons amarelos e grises, en contraposición coas cores máis fortes da figura feminina, expresan a vida e a morte.

A monumentalidade, figuras colosais, é unha constante na obra de Leiro, ao igual que o arcaico, o mitolóxico e o simbólico.

Exposiciones

Exposición Pontevedra como inspiración na Colección Caixanova, no Centro Social Caixanova Pontevedra. Xullo - setembro 2006.

Exposición Espazo Colección Caixanova, no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no  Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.

Reproducciones

Pontevedra como inspiración na Colección Caixanova, páxina 106-107.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78