• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Espacio líquido

ORO CLARO

Espacio líquido
INV:
9261
Año de creación:
2001
Dimensiones:
330 x 63 x 60
Técnica:
Vidro e aceiro inoxidable

Comentarios

A presencia do home, a súa actuación e a súa pegada sobre o contorno son, de novo, o punto de partida da obra de Oro Claro.

A peza manipula as experiencias e coñecementos do espectador mediante a recreación dun obxecto común vinculado a un contexto rural. Concibe, como unha imaxe metafórica, un moderno recipiente de leite que derrama o seu contido, absorbendo e, ó mesmo tempo, descontextualizando a esencia e o significado do traballo agrícola, da vida no campo, referencia fundamental na plástica do artista.

Composta por un cilindro e un rectángulo de aceiro inoxidable, a peza está traballada mediante pequenas láminas metálicas que se van soldando, xerando un resultado final fragmentado e entrecortado. Os módulos de aceiro complétanse coa mancha ondulante, case líquida, do espello que simula o leite derramado.

O material seleccionado transmite a sensación de limpeza, de asepsia dunha tarefa tradicional que adquiriu o carácter de producción industrial, perdendo parte das súas calidades rurais, pero o ser da peza, a súa identidade mantéñense, revelando que os recordos da nenez, as antigas leiteiras perduran ancoradas na memoria.

A proposta do autor implica aceptar a acción, o accidente como tema da obra. Non existe a presencia humana, pero si o resultado dos seus actos, o líquido vertido convertido en espello cun reflexo que será sempre diferente e cambiante xerando, máis que nunca, unha obra aberta, única e mudable.

Exposiciones

"ARCO 2002". Do 14 ao 19 de febreiro de 2002. Galería de Arte Ad-Hoc. Palacio de Exposicións Juan Carlos I, Madrid.

"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no  Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78