• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Virgen del Rosario

BONOME

Virgen del Rosario
INV:
9259
Año de creación:
1923
Dimensiones:
55 x 12 x 10
Técnica:
Talla en madeira

Comentarios

Seguindo a tendencia dos seus retratos de personaxes históricas como Valle Inclán ou Camilo Díaz nos que alonga o canon das figuras, o corpo estilizado da Virxe do Rosario describe unha traxectoria ascendente, acentuando a sensación de espiritualidade da obra. O rostro e as mans son enxoitas, é unha muller maior, de rostro murcho e envellecido.

A superficie do corpo, cuberto cun manto, un hábito case monástico que só deixa ó descuberto as súas mans e a súa face, está desbastada cunha talla forte, de cortes profundos, que describen planos de longo percorrido da gubia, ofrecéndolle á obra un aspecto xeométrico, case abocexado. O único elemento decorativo limítase á dobre incisión que adorna a parte inferior do hábito que parece unha herdanza do traxe popular galego. A base presenta unha talla máis minuciosa e delicada.

Percíbese a austeridade na Virxe, co rostro e as mans concibidas nun ton máis claro, diferente ó do pano escuro de pregos duros e cortantes. As súas faccións son realistas, detallando as engurras dunha muller maior, o nariz afiado, os pómulos marcados, a mirada baixa e cansa. As mans, definidas con minuciosidade, parecen garras suxeitando o rosario. A sensación final é dun gran ascetismo, dunha relixiosidade sentida e intimista, exenta de retoricismo, de populismo e de ornato innecesario.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78