• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Gimnasta

MANUEL COIA

Gimnasta
INV:
9257
Año de creación:
1990
Dimensiones:
108 x 54 x 26
Técnica:
Madeira

Comentarios

A sensualidade e o erotismo están sempre presentes na obra deste autor que ama profundamente o material e o traballo, que coñece como respira a pedra, a madeira, das que extrae historias, alentos e segredos ocultos. A figura dunha muller contorsionada, disposta nunha postura atlética, camiña cara á abstracción pero sen perder a forma, ofrecendo unha fantástica lección de anatomía. A sensualidade da peza é evidente na rotundidade do sexo e dos peitos que se destacan, desafiando as leis da gravidade. A sabedoría do autor para manipular o material consegue insuflarlle vida á obra, a madeira transmútase, perde as súas calidades para converterse nun corpo voluptuoso, de pel bronceada, con tacto suave e agradable. A superficie lisa da figura é o espacio perfecto para provocar contrastes de luces e sombras, cunha luz que se desliza describindo as posibilidades lumínicas xeradas tras a combinación de oquedade e materia. A influencia de Henry Moore percíbese na obra a través do peso da abstracción orgánica, do xogo de curvas e contracurvas e a valoración plástica do baleiro, que delata o desexo de transformar o corpo en materia e a materia en carne. EXPOSICIÓNS: "Manuel Coia". Maio/xuño de 2001. Centro Cultural Caixanova, Vigo. REPRODUCCIÓNS: "Manuel Coia. 40 grandes artistas gallegos". Centro Cultural Caixanova. Vigo, 2001, páx. 57.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78