• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Juevoide VI

FRANCISCO PAZOS

Juevoide VI
INV:
9254
Año de creación:
1999
Dimensiones:
25 x 80 x 55
Técnica:
Granito e madeira de olmo

Comentarios

A ensamblaxe é un rasgo definidor do traballo deste autor que investiga en diferentes materiais, dos que extrae unha beleza oculta e primitiva. A forma redondeada é o primeiro elemento que invita ó xogo nesta peza de granito. A esfericidade da pedra é continuada polos tres travesaños de madeira que violentan a súa natureza pétrea e producen unha alteración na superficie brillante e pulida. A dualidade de materiais, a pedra e a madeira de olmo, permiten a combinación de cores, de texturas, de olores, acadando un resultado final sólido, campacto á vez que fragmentado e cargado de ambigüidades. A contemplación da obra non é pasiva senón provocadora, séntese a necesidade de levantar os travesaños de madeira, de desentrañar a pedra, de abrila para descubri-los segredos que esconde no seu interior. EXPOSICIÓNS: "Francisco Pazos". 1999. Galería Citania, Santiago de Compostela.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78