SIN TITULO
- INV:
- 924
- Dimensiones:
- 105 x 96 x 0
- Técnica:
- TÉCNICA MIXTA / FERRO GALVANIZADO
Comentarios
A obra constrúese con nove pezas, rectangulares e cadradas con círculos inscritos e unha pirámide azteca no centro da composición. O artista busca a poesía na beleza das formas e no xogo de texturas e cores, producido polo tratamento químico da superficie. A dureza do metal e os valores pictóricos conviven co rigor xeométrico e o construtivismo da obra, cuxo soporte fai que a proposta roce o campo do escultórico.