Comentarios
A cabeza non é algo novo na iconografía de Pazos, xa anteriormente a encontramos en “Nos Guerreiros”. Traballa coa idea de construcción-deconstrucción, utilizando dúas pezas que encaixan perfectamente e axudan a rompe-la simetría da cabeza na que contrastan as zonas pulidas e lisas cos ocos que se forman a cadanseu lado do nariz como buratos negros e profundos, sen saída, suxerindo os ollos. O queimado da pedra dálle á superficie un ton escuro que ás veces chega a adquirir reflexos avermellados. Utiliza tamén aquí o picado característico do canteiro que nos introduce nas entrañas da propia pedra, realzando o expresionismo da escultura cunha provocación de sombras e contrastes de cor e textura.