• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Carocha

PATINHA

Carocha
INV:
9233
Año de creación:
1997
Dimensiones:
18 x 50 x 42
Técnica:
Aceiro

Comentarios

Explora Patinha con formas sinxelas, inspiradas na natureza, con afinidades orgánicas. Xoga co hermetismo que de por si implica a imaxe da cuncha e coa súa capacidade evocadora na que contan a ambigüidade e a poesía. Carocha é un corpo pechado, semella un animal detido, cerrado sobre si mesmo, coa posibilidade de aparecer e desaparecer periodicamente. Esta maneira de implicar algo que teñen as esculturas de Patinha é inherente ás súas creacións, como o é tamén deixa-la pegada do traballo manual sobre a pel da escultura. Así o podemos apreciar nas liñas que, como costuróns ou cicatrices, atravesan a superficie desta obra, que forma parte desa realidade paralela, froito da imaxinación, que constitúe o particular bestiario do artista. EXPOSICIÓNS: Auditorio de Caixavigo, poxa a beneficio dos damnificados polo furacán Mitch, 1999. BIBLIOGRAFÍA: "Pontevedra con Centroamérica", catálogo editado pola Deputación Provincial de Pontevedra, 1999, coa obra reproducida na páx. 53.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78