Comentarios
Confecciona o peixe con chapa de ferro en forma de tira ou banda cunha maleabilidade que lle permite manexala como unha vendaxe envolvente que dá volume ó peixe deixando intersticios para que circule o aire. A fantasía do artista desbórdase nas aletas, construídas con barra de ferro forxado usando un tema decorativo moi recorrente nas artes industriais, que nos trae á memoria as formas regularmente irregulares que o mar nos ofrece.
Bibliografía
-X. Antón Castro, "José Luis Penado. Trinta anos de escultura", presentación do catálogo da exposición "Marineros y otros personajes".
Exposiciones
"Marineros y otros personajes" Nova Sala de Exposicións Caixavigo, 1998.