Comentarios
A achega artística de Otero Besteiro non se reduciu á escultura, senón que se estendeu tamén á pintura e á ourivería, centrándose nos últimos anos na creación dunha colección de xoias. A escultura animalística sempre estivo presente no mundo artístico; a famosa "cabra" de Picasso é un exemplo da presencia do tema no noso século. A forma rotunda do gato aparece definida cunha concepción corpórea e tanxible da escultura, que trascende a súa presencia física para fundirse co carácter mítico do animal, cunha poética surrealista. Do gato xorden múltiples gatos, tallados no corpo da figura. Son tódolos gatos que se encerran no temperamento do felino, gravados cunha arte esquemática, con certa intención máxica, activada pola luz que se desliza sobre a superficie, unhas veces puída, lisa, e outras rugosa, traballada co martelo.