• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Desnudo

BUCIÑOS

Desnudo
INV:
9169
Año de creación:
1980 - 1983
Dimensiones:
79 x 20 x 15
Técnica:
Bronce e granito

Comentarios

A muller, o seu corpo esvelto e estilizado, é un recorrente en Buciños, que ten ó ser humano como tema e fondo da súa obra.

A figura feminina, de corpo rotundo, adopta unha actitude tranquila, parece estar saíndo do baño ou espreguizándose dun longo sono. Os seus brazos estendidos acollen o delicado rostro, do que só percibimos un perfil.

Das formas redondas, modeladas, dun pulimentado perfecto, sobresaen os peitos que violenta a suave superficie. A luz, que baña uniformemente a figura, queda suspendida e atrapada neses dous puntos convertidos en destelos luminosos que resaltan sobre o resto do corpo de formas esenciais. O rostro, de liñas finas, transmite a sensación de preguiza e sensualidade, nun xesto entre ausente e indiferente.

Na obra son evidentes os vínculos coas representacións femininas propias do Impresionismo e do Postimpresionismo. Os seus brazos extendidos remiten ás bailarinas de Degás o mesmo que o seu corpo espido fai pensar nas bañistas de Renoir ou de Pierre Bonnard, mulleres captadas en momentos íntimos e privados.

Exposiciones

"Buciños". Do 2 ó 14 de decembro de 1985. Sala de Exposicións de Caixaourense, Torreóns de Ourense.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78