• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Espiral

JUAN OLIVEIRA

Espiral
INV:
9143
Año de creación:
1984
Dimensiones:
75 x 0 x 0
Técnica:
Bronce e mármore

Comentarios

A obra forma parte dun coidado proxecto de investigación do artista que culminou co monumento da Praza de España en Vigo.

A peza presenta sete cabalos subindo por unha rampla en espiral ascendente. O número de cabalos aumenta segundo van subindo, dous na base, un tras outro, dous xuntos no centro e tres na zona superior da espiral, o que xera unha gran sensación de desequilibrio, de dificultade engadida, pero acentúa a idea de carreira tola e desenfreada.

A peza é modelada previamente en cera e logo fundida en bronce a partir da técnica da cera perdida. Os cabalos e a rampla de subida intervéñense de xeito distinto. Os equinos, de gran realismo e representados en bronce negro, ofrecen un aspecto poderoso e brillante gracias a un acabado perfecto. A súa morfoloxía revela un profundo coñecemento por parte do autor da anatomía dos animais. A paisaxe interprétase mediante unha pátina verde que incide na sensación de natureza, acadada non só pola cor senón pola diferente textura da rampla, do elemento natural máis abrupto, máis plástico e rudo, onde os ocos realzan a tendencia aérea da peza.

O xogo de ritmos, de curvas, de oquedades e superficies rugosas esixe a observación detida da peza, é necesario rodeala e aprehendela dende todos os puntos de vista posibles pois o resultado final é algo vivo, a plasmación do movemento e a enerxía.

Exposiciones

"Oliveira. Escultura en bronce". 1985. Sala de Exposicións de Caixaourense, Torre de Ourense.

"II Ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Do 20 ó 30 de setembro de 1989. Aula de Cultura de Caixaourense, Ourense.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

"Juan J. Oliveira" do 8 ao 24 de xuño de 2007 na Cámara Oficial de Comercio de Tui.

Reproducciones

"II Ciclo del fondo de arte de Caixanova"". Caixaourense, Ourense, 1989.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2022© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78