• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Muller con patela

BUCIÑOS

Muller con patela
INV:
9134
Año de creación:
1978 - 1979
Dimensiones:
75 x 41 x 16
Técnica:
Bronce

Comentarios

A muller, en Buciños, sempre ideal, ten un halo de misterio que a converte nun ser delicado e inaccesible.

A peza, concibida como un relevo para colgar na parede, presenta a unha estilizada figura feminina sostendo unha patela co seu brazo esquerdo. O seu rostro, lixeiramente ladeado cara á dereita, permítenos apreciar uns rasgos finísimos e un colo esvelto. O seu corpo, cuberto parcialmente por un manto, describe unha anatomía harmoniosa que se completa coa zona texturada, vibrante e luminosa dos panos que definen a obra e lle otorgan un aspecto de beleza clásica.

A figura está concibida como unha unidade, sen ángulos, todo é curva e ondulación, as formas non se forxan mediante transicións violentas senón a través dunha continuidade de ritmos.

A representación, lixeira e airosa, flota no espacio converténdose nunha imaxe simbólica e ideal da muller traballadora.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78