• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Figura alegórica

BUCIÑOS

Figura alegórica
INV:
9055
Año de creación:
1985
Dimensiones:
250 x 60 x 55
Técnica:
Granito

Comentarios

A obra de Buciños complétase con seis figuras, en granito, de tamaño monumental, colocadas na parte superior da fachada principal do Centro Cultural Caixavigo.
As figuras, simbólicas, cubertas con túnicas que ocultan a súa anatomía, impoñen os seus volumes ó vento cun lixeiro pulo cara adiante, como se fosen os mascaróns dun gran barco.
As súas vestiduras, ríxidas, anímanse con dobreces que nunhas se prolongan por detrás dos seus corpos, formando círculos ocos por onde penetra a luz e mailo aire, e noutras remontan as cabezas con movemento impetuoso, estremecendo a pedra con arestas, ondulacións e mais enrugamentos en abano, como se se tratase dun fondo de ambientación pictórica do que destacarse as figuras como altorelevos.
A abstracción, a figuración e mailo neoexpresionismo conviven nestas esculturas, sen prexuízo de reflecti-la súa forte personalidade, dinamizada pola exposición ó aire libre que as somete a luces cambiantes que regulan o contorno dunha arte sen límites.
A valoración do volume, a limpeza e maila tersura do traballo sobre a superficie do material así como a exquisita sensibilidade de cada plano son notas destacables destas figuras, representación plástica de A Pintura, A Música, A Literatura, O Teatro, A Escultura e O Cine, actividades culturais que se desenvolven neste edificio.


M. L. I. J.

Reproducciones

"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 3, páxina 30.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78