Comentarios
Sentado no chan, envólvese nun manto que oculta o seu corpo do que só asoman o rostro, unha man e un pé. A tea subliña o perfil da figura que se estreita cara ós pés cun enrugamento no que se concentran tódalas liñas de forza da masa escultórica. A excelente valoración do material, a delicadeza de execución e a expresión do neno superan o sentimentalismo que puidera desprenderse do tema.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, e Kiosko Alfonso Na Coruña, novembro e decembro de 1988, e xaneiro e febreiro de 1989.
Reproducciones
"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 3, páxina 29.