Comentarios
As peras amoréanse amonoadas na parte inferior dun círculo que as engloba e protexe, como un fanal que atenúa e matiza a luz, creando unha atmosfera máxica e entrañable arredor de obxectos cotiáns. A levedade das cores e o sutil tratamento da materia sensibilizan a composición, que se inclúe dentro da serie "Cotidiáns".