Desnudo
- INV:
- 9006
- Año de creación:
- 1975
- Dimensiones:
- 77 x 21 x 22
- Técnica:
- Bronce
Comentarios
Exenta de todo detallismo, a figura inclina a cabeza sobre o peito e cun simbólico xesto de pudor cruza as mans sobre a pube. O contorno da escultura presenta unha liña tranquila, pechada, que responde a un ideal clásico de beleza de formas no que se perden os rasgos físicos individuais. O equilibrio e a gracia son as características desta obra cunha superficie rugosa na que semellan agroma-los sinais do modelado cos dedos, que produce un estremecemento táctil no observador.Exposiciones
"6ª Exposición, Plástica Gallega, Escultura" na sala de exposicións Caixavigo, Vigo, 1980"; "Artistas Gallegos na Colección Caixavigo", do 5 ó 28 de setembro de 1986, na sala de exposicións do centro cultural.Reproducciones
"Plástica Gallega", Vigo 1981 na páx. 52."Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 3, páxina 22.