CALETAS Y CARRO EN LA ERA

- INV:
- 8
- Dimensiones:
- 45 x 55 x 0
- Técnica:
- ÓLEO / TEA
Comentarios
Sobre o círculo dourado da eira, descansa o aparello da trilla; detrás, casas, xeometricamente conformadas, con muros encalados e tellados vermellos; ao fondo, na distancia, a liña do horizonte con escaso ceo. A composición, estruturada cunha linguaxe realista, xoga con efectos de materia e luz, e destaca o valor simbólico do círculo da eira, como a roda do tempo que xira unha vez ao ano.