Comentarios
A avoa, sentada nun sofá ao fondo da habitación, posa con aire solemne para un retrato. O recurso de deixar incompletos o sofá, a ventá e o piano, que se reflecte no espello que colga da parede, sitúanos dentro da estancia, nunha atmosfera de silencio e rito. A avoa, captada con esa inmobilidade da que flúe o tempo, convértese en todas as avoas, cunha sabia relación entre realismo e símbolo. Dáse unha harmoniosa orquestración de rosas, marróns, azuis, brancos e ocres.
Exposiciones
Do 30 de outubro ao 12 de novembro de 1991 na Nova Sala de Exposicións de Caixavigo.