Comentarios
A composición organízase en función dunha especie de relato, froito da fantasía da artista, que emprega o díptico como mecanismo escénico e mais espacial, estudiando ata o último detalle para crear o ambiente propio dun conto. Dous mozos, como personificacións do Sol e mais da Lúa, camiñan polo prado un cara ao outro, acompañados por cabalos alados azuis. Unha masa arbórea no centro establece unha solución de continuidade entre as dúas teas, separadas polo listón vertical do marco. A diafanidade da luz realza a precisión do debuxo e pon de relevo o estremecemento que aflora nas imaxes das dúas personaxes.
Exposiciones
"Arte Galega na Colección Caixavigo s.XX", do 29 de abril ao 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, Santiago.
Reproducciones
"Arte Galega na Colección Caixavigo s.XX", catálogo co nº 47.