Comentarios
Sobre unha mesa rústica disposta en perspectiva angular, distribúense de forma ordenada distintos obxectos con diferentes formas e tamaños; unha liña diagonal divide o fondo da composición en dúas superficies cromáticas distintas, separando luz e sombra. Con dominio da técnica, capta o ambiente e realza, coa cor, o volume de cada obxecto, que resplandece coa materia que está feita.