Modelo en la Plaza de María Pita
- INV:
- 771
- Año de creación:
- 1938 (Circa)
- Dimensiones:
- 96 x 65 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
De medio corpo, ladeada á dereita, coa face cara ó espectador, a figura perfílase sobre o fondo da praza vestida de negro, coma unha viúva, cun misal na man, atributo do prototipo de muller devota.
Os rasgos fisionómicos, claramente definidos, revelan ó pintor como un gran retratista. Cunha técnica excelente resolve as carnacións e detense no debuxo da galería que bordea a parte superior da tea. O negro imponse como cor principal,a carón seu, brancos, ocres e verdes, coas notas alegres do carmín dos beizos e das meixelas. Emprega a pincelada lisa e homoxénea por toda a tea.
Exposiciones
"Exposición Antológica de Fernando Álvarez de Sotomayor", do 13 de outubro ó 13 de decembro de 1998 no Museo de Bellas Artes de A Coruña, e do 17 de decembro de 1998 ó 18 de xaneiro de 1999 no Centro Cultural Caixanova en Vigo.
"A Coruña. A Cidade na Arte" Museo de Belas Artes da Coruña. Do 30 de xaneiro ao 19 de xulio de 2009.