Florero
- INV:
- 763
- Año de creación:
- 1908
- Dimensiones:
- 40 x 33 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
Con rigorosa exactitude reproduce o xarrón e as flores rexistrando todos os detalles con debuxo minucioso. A luz produce sombras e reflexos sobre a superficie brillante da tea cunha forza que a afasta dun realismo doce. A orde e estabilidade da composición sublíñanse coa ensamblaxe de verticais e horizontais do fondo. Emprega unha técnica lisa, con pinceladas soltas nos adornos do xarrón e nas sombras.Combina con delicada harmonía o branco cremoso das rosas, con dourados, verdes, marróns, azuis e grises.