Tomás
- INV:
- 728
- Año de creación:
- 1988
- Dimensiones:
- 117 x 76 x 0
- Técnica:
- Acrílico/tea
Comentarios
Retrato de tres cuartos, ladeado á dereita con esta man levantada e a mirada perdida nesa dirección.A figura, enmarcarda por unha decoración xeométrica, ocupa toda a tea onde o bordo lateral impide a súa visión completa. As manchas, alaranxadas e avermelladas, das carnacións resaltan sobre o luminoso branco do fondo e a sombra azulada que, como un aura, ampara o rostro da personaxe, imprimindo ao cadro unha cualidade nerviosa e visionaria. A factura, solta, de escasa materia, de frescura e espontaneidade ao conxunto.