Hombres
Comentarios
Interiores de taberna ou cafés son un dos temas que repite o artista. Un grupo de cinco homes amparados polos rectángulos dunha cristaleira centran o fragmento dun espacio que se prolonga mais alá do cadro. As figuras, perfectamente individualizadas, gravitan unhas sobre as outras tendendo a se amorearen. Cada perfil e cada sombra ten un tremor emotivo que se transmite nun movemento encadeado que fai que as liñas dun corpo busquen a continuidade no outro. Marróns, amarelos e grises xogan con verdes, brancos e trazos vermellos e azuis repartidos por distintas zonas do cadro.Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición"Entre a tradición e a modernidade"
Exposiciones
"Arte Galega na Colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia Santiago. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.
"Exposición Antológica de Alfonso Sucasas", do 6 de agosto ó 5 de setembro de 1999 no Museo de Pontevedra.